Sabia combinación de austeridade rústica -céltica, din algúns- e encanto moderno: así é a artesanía de Buño. Como a cerámica grega antiga, une á variedade formal a gracia decorativa e cromática que impoñen os criterios estéticos comercializadores do século XXI. Tamén ornamental hoxe, antano era parte da cultura material cotiá: vasillas nas que depositar o sustento -cando o había- naqueles tempos míseros. A exaltación que dela se fai (especialmente, na Mostra da Olería, pero tamén noutras citas) parece indicio de que goza de boa saúde, mais ante a súa variada presenza física (olas, potas, pucheiros, cazos, fontes, xerras, cuncas, platos?) nunca debemos esquecer que constitúen a herdanza máis singular dos homes e das mulleres desa outra Malpica menos nomeada, a interior, alén do mar.
Noticia completa en La Voz de Galicia.